A PROEZA

Lugar: Cordilleira do Himalaia

Datas: Do 23 de agosto de 1997 ó 26 de agosto de 1998

Obxectivos: Coroar en 12 meses os catorce cumios máis altos do planeta como ofrenda pola paz entre as nacións da Terra e a conservación do medio ambiente.

Resultados: Acometen a ascensión de 8 montañas de máis de 8000 metros e conseguen chegar a 5 cumes: Dhaulagiri (8172 m), Cho-Oyu (8201 m), Broak Peak (8047 m), Gasherbrum II (8035 m) e Hidden Peak (8068 m), igualando a marca mundial de máis oitomiles en once meses.

     Retransmiten imaxes en directo desde o Himalaia para varias televisións mundiais, gracias á tecnoloxía de Intelsis, e do seu desafío faise eco boa parte dos medios de comunicación, entre eles a prestixiosa revista National Geographic.

Protagonistas: Xosé Antonio e Xesús Martínez Novas, destacados montañeiros galegos que xa tiñan no seu haber ascensións ó Aconcagua, Everest e a outros importantes cumios.


O LIBRO

     A crónica da maior fazaña do montañismo ibérico: un periplo de 11 meses polas terras máis altas do Planeta.

     Unha aventura que nos permite seguir a travesía dos irmáns Martínez Novas por vales fondos, glaciares inmensos, cumes que rañan o ceo.

     Unha aproximación privilexiada ás culturas que perviven nas aldeas arredadas do Himalaia e do Karakorum.

     O relato do desafío contra os elementos. A victoria da vontade humana sobre as situacións límite.


O AUTOR

     Xosé Ballesteros. Premio de Novela García Barros con Talego (1993). Dirixiu o programa Sete mares en Radio Ecca (Vigo) e publicou numerosos títulos de literatura infantil.

CARACTERÍSTICAS
Libro de 270 x 195 mm. papel couché
160 páxinas de plena aventura
Máis de 100 fotografías inéditas a toda cor
Mapas infográficos de rutas e ascensións
Edición en galego e castelán
P.V.P. 4.500 Ptas.
Pedidos en:
Tfno. 986 335960
TLR Apartado 25
36400 Porriño (PO)


© Copyright 1999, Equipo Desafío 8.000.
Reservados tódolos dereitos.
Sitio deseñado por Canal Dous Multimedia.
Contactar
Créditos
om om om home d8000 productos about left right left right top