OM: pola paz no mundo e a protección do medio ambiente
Tanto na relixión hinduísta como na budista, a palabra OM utilízana para comunicarse co "eu" superior.
Segundo os libros sagrados destas relixións, o OM é o son primordial mediante o que se sostén o Cosmos: o símbolo do Absoluto Universal.
Como agradecemento á hospitalidade das xentes do Himalaia, e ás propias montañas, e coma un estandarte pola defensa do medio ambiente e da paz no mundo, collimos emprestado para a nosa expedición ese símbolo. E en cada un dos cumios conqueridos depositamos unha bandeira branca con esa palabra sinxela que designa a todo o Universo.