Cumio do Broad Peak
Ruta de ascensión que seguimos para coroar
o Broad Peak.
 
Chegando ó campo III. Detrás, o impresionante glaciar do Baltoro,
na súa confluencia
con Concordia.
 

Ascensión

     O 4 de agosto subimos ó campo III, co propósito de conquerir o día despois a cima. Pero alboreceu con neve e vento forte. Baixamos ó campo base do K2 -para o que non tiñamos permiso, segundo soubemos cando xa estabamos na ruta do Gasherbrum II- e charlamos cos membros dunha expedición española.

     O día 10 subimos outra vez para o campo III. Despois de repousar e engulir algo, ás 11 da noite seguimos en dirección ó alto. Na mañanciña estabamos próximos ó desfiladeiro (7900 m), pero apareceu o vento e unha temperatura moi baixa. Regresamos ó campo III e pensamos en descender ata o base ou esperar. Eliximos o último.

     O 12 de agosto rompeu o día sen nubes. Ás 6 da mañá encamiñámonos de novo ó desfiladeiro. Ás 12,45 faciamos cumio. Era a primeira vez que disfrutabamos dun tempo tan bo nunha cima. Recreámonos na contemplación dun horizonte sen final, que abranguía os territorios do Tíbet, Cachemira e os retortos glaciares que parten de Concordia. Unha vez gorentados, collimos o camiño de regreso a Skardu, na compaña dun trekking de españois que atopamos en Concordia. Pensamos en ir ó Nanga Parbat, pero xa non había días.

     Quedamos coa satisfacción de ter chegado ó bico de cinco montañas. En todas elas ficaba parte das nosas almas e un berro pola defensa da paz e do medio ambiente que o vento se encargaría de espallar.


Voltar ó índice da axenda
© Copyright 1999, Equipo Desafío 8.000.
Reservados tódolos dereitos.
Sitio deseñado por Canal Dous Multimedia.
Contactar
Créditos
inicio proyecto top proyecto expedición tecnología agenda galería prensa patrocinadores productos about om om om izq der top