![]() |
![]() |
|||||||||||||||
![]() ![]() |
Cumio do Hidden Peak
Ascensión O 11 de xullo subimos ata o campo I do Hidden Peak. O día despois, a neve e a inestabilidade empuxárannos en dirección ó campo base. Esperamos alí dous días. A madrugada do 15, saímos contra o campo II (6400 m), que acadamos despois de 5 horas de camiñada. Dous días máis de espera e, novamente, a neve e o vento obrigáronnos a voltar ó base. A semana que seguiu a pasamos progresando e retrocedendo por causa do clima. Coñeciamos de memoria cada un dos metros que unían o campo base co campo II. Ata que o 25 de xullo -festividade de Santiago e Día de Galicia- saímos por primeira vez para o campo III, xunto a 3 xaponeses. Alí chegamos, aínda que o avance resultase efémero (voltamos unha vez máis ó campo II). O 29 partimos con intención de chegar dunha tirada ó campo III. Alí atopamos ós xaponeses. Estaba moi solicitado o cumio do Hidden (expedicións de alemáns, holandeses e norteamericanos agardaban no II). O día 31, coa quietude dunha noite estrelecida, saímos en dirección ó cume. Ó comezo da canal, adiantamos ós japoneses, que partian hora e media antes e que semellaban subir en mal estado. No abrente, as nubes ameazaban con estropear todo. Apurámonos, para pisar a cima contra as 9. Na baixada, o tempo xa empeorara. Poñíase mal para as expedicións que camiñaban para o alto. |
|||||||||||||||
![]() |
||||||||||||||||
|
© Copyright 1999, Equipo Desafío 8.000.
Reservados tódolos dereitos. Sitio deseñado por Canal Dous Multimedia. |
Contactar
Créditos |