Cumio do Hidden Peak

Aproximación

     Despois de regresar do Gasherbrum II, repousamos no campo base. Observamos que os seis días sucesivos de bo tempo que disfrutamos ían esvaecerse en cousa dunhas horas.

En liña de puntos a ruta de aproximación seguida
para chegar ó campo base do Hidden Peak.
 


Á dereita, o cumio do Hidden Peak visto desde o campo I.
 

     Os montañeiros galegos que nos acompañaban (Álex, Fausto, Félix e Xulián) decidiron marchar para Galicia. Voltabamos a ficar sós. Dous deles (Félix e Fausto) chegaran a alcanzar o cume do Gasherbrum II, xunto a unha expedición británica, dous días despois ca nós. Sabiamos que os botariamos de menos, como así foi. Durante as xornadas de descanso ou espera, nada reconforta máis que saberte acompañado e que poder pasar as horas mortas dialogando con alguén que comparte propósitos e desexos, e que utiliza ademais a túa mesma fala.


Voltar ó índice da axenda
© Copyright 1999, Equipo Desafío 8.000.
Reservados tódolos dereitos.
Sitio deseñado por Canal Dous Multimedia.
Contactar
Créditos
inicio proyecto top proyecto expedición tecnología agenda galería prensa patrocinadores productos about om om om izq der top