Cumio do Gasherbrum II

Diario de montaña

31 maio (1998)
     Saen para Paquistán. Acompáñanos un grupo de compañeiros galegos que queren subir ó Gasherbrum II (Ánxel, Llopis, Fernando, Xulián e Álex).

1 xuño
     Chegan a Rawalpindi.

2-6 xuño
     Trámites de última hora para conseguir o permiso que lles permitirá subir a catro montañas de oito mil metros, a primeira vez que se consegue.

7 xuño
     Chegan Fausto e Félix, que se unen a eles. Nun autobús desprázanse a Skardu.

8 xuño
     Últimos preparativos en Skardu.

9 xuño
     Desprazamento en 6 Jeep de Skardu a Askole (8 horas). Días máis tarde un jeep precipitaríase por un cavorco ás augas do río Braldo. Os seu dous ocupantes morrerían.

10 xuño
     Comezan a aproximación con 80 carrexadores. Dormen en Khoropon.

11 xuño
     Korophon - Paiju. Para evitar un rodeo de tres horas, vadean un afluente do río Braldo. Un dos carrexadores vaise río abaixo, logrando deterse uns 500 metros máis abaixo. Consegue salvarse, pero o su estado é lamentable e non pode continuar.

12 xuño
     Día de descanso en Paiju, último lugar con vexetación. Aproveitan para aclimatarse e soben a 4500 metros. Están ás portas do paraíso dos oitomiles.

13 xuño
     Paiju - Urdukas: un día longo e o primeiro no que percorren o extenso glaciar do Baltoro, camiñando entre paredes de rocha de 2000 metros.

14 xuño
     Urdukas - Gore. Outro día percorrendo o glaciar para situarse a 4400 metros.

15 xuño
     Gore - Shigarrin. O mal tempo, denominador común dos días previos, impídelles ver o K2 e o Broad Peak cando pasan por Confluencia.

16 xuño
     Chegan ó campo base (5150 m). Na morea do glaciar dos abruzos montan o campo base.

17 xuño
     Rematan de instalar o campamento. Xesús inspecciona o glaciar dos Gasherbrum.

18-20 xuño
     Ascenden ó campo I (6000 m), sinalizando parte da ruta. Dormen dúas noites en altura.

21 xuño
     O mal tempo fai que retornen ó campo base.

22 xuño
     Agardan a chegada do bo tempo no campo base.

23 xuño
     Progresan ata o campo I.

24 xuño
     Regresan ó campo base.

26 xuño
     Soben outra vez ó campo I. Toni e Suso instalan 200 metros de corda fixa para subir ó campo II, corda que lles cede un grupo inglés.

27 xuño
     Xesús e Toni instalan otros 200 metros de corda fixa. Desde o campo base soben Xulián, Álex, Félix e Fausto. Toni regresa ó campo base.

28 xuño
     A Fernando, Ánxel e Llopis remátaselles o tempo e regresan a casa. Morre un francés tentando subir ó G-VI. Xesús e Xulián continúan equipando a ruta ata o campo II.

29 xuño
     Toni e un grupo de americanos axudan a recuperar o corpo do francés do Gasherbrum.

30 xuño
     Toni ascende ó campo I. Álex, Félix e Fausto soben para o campo II (6500 m). Xesús e Xulián baixan ó campo base.

1 xullo
     Toni sobe un transporte ó campo II. Vai moi mal tempo: regresan todos ó campo base.

2-3 xullo
     O mal tempo persiste e pasan a xornada repousando no campo base.

4 xullo
     Xesús sobe para o campo I. Os demais agardan no campo base.

5 xullo
     Xesús progresa ata o campo II, o mesmo que Toni e Xulián que chegan desde o campo base. Álex, Fausto e Félix ascenden ó campo I.

6 xullo
     Xulián, Xesús e Toni soben para tirar para o cume. Instalan unha tenda a 7400 metros, altura na que dormen esa noite. Álex, Fausto e Félix, soben ó campo II.

7 xullo
     Xesús, Xulián e Toni saen ás 5 da mañana para a cima do Gasherbrum II. Xesús e Toni chegan ó cumio ás 11,30. Xulián dá a volta a 7600 metros. Álex, Fausto e Félix, xuntamente cos outros grupos, soben a 7000 metros, equipando a ruta con corda fixa.

8 xullo
     Xesús, Xulián e Toni descenden ó campo I, cruzándose con moitas expedicións que agardan a 7000 metros, esperando poder subir ó día seguinte.

9 xullo
     Xulián queda no campo I para volver a tentar o cume. Félix e Fausto ascenden á cima. Xunto con eles soben outros grupos, entre os que anda Ramón Blanco, un galego residente en Venezuela que ós seus 65 anos é a persoa de máis idade que chega a un monte de 8000. Malia súa idade está tan forte como calquera dos demais.

10 xullo
     Xesús e Toni descansan no campo base. Álex, Félix e Fausto descenden ó campo I acompañados pola expedición británica.


Voltar ó índice da axenda
© Copyright 1999, Equipo Desafío 8.000.
Reservados tódolos dereitos.
Sitio deseñado por Canal Dous Multimedia.
Contactar
Créditos
inicio proyecto top proyecto expedición tecnología agenda galería prensa patrocinadores productos about om om om izq der top