![]() |
![]() |
|||||||||||||||
![]() ![]() |
Cumio do Gasherbrum II
Ascensión En dous días pasamos Urdukas, Gore e Shigarrin. A 5100 metros instalamos o campo base. A calor e a neve asociados resultan sempre un tormento, pero nesta ocasión a subida ó campo I (6000 m), a través do caótico glaciar do Gasherbrum, converteuse nalgo verdadeiramente abafante. Alí, despois de durmir dúas noites en altura, fixamos 400 metros de corda para abrir ruta ata o campo II (6400 m). O tempo non nos axudaba. O 28 de xuño, Ánxel, Fernando e Llopis regresaban ás súas casas (o pouco tempo de que dispoñían e o clima adverso xogaron contra eles). Ese día morría un francés cando tentaba coroar o G-VI. Ó día seguinte, xunto a un grupo de americanos, logramos recuperar o corpo do montañeiro falecido. Durante cinco días o mal tempo retívonos no campo I. O 5 de xullo, Xesús, Xulián e máis eu chegamos ó campo II, mentres que Álex, Fausto e Félix alcanzaban o I. Á mañá seguinte, subimos cara ó cumio, e durmimos a 7400 metros, para continuar no alborecer. Ás 11.30 tripamos a cima os dous irmáns. Con moita mágoa, Xulián tivo que dar volta a 7600 metros. Dous días despois, Félix e Fausto subían ó cumio xunto a outras persoas, entre elas Ramón Blanco, un galego de 65 anos arraigado en Venezuela que cinco anos antes quedara a un paso de coroar o Everest e que, gracias a este éxito, chegaba a se converter na persoa que con máis idade pisaba unha cota de 8000 metros. |
|||||||||||||||
![]() |
||||||||||||||||
|
© Copyright 1999, Equipo Desafío 8.000.
Reservados tódolos dereitos. Sitio deseñado por Canal Dous Multimedia. |
Contactar
Créditos |