Cumbre do Gasherbrum II

Aproximación

     Volvimos a Paquistán despois de acudir a Galicia na procura do presupuesto necesario para podermos visitar os catro cumios do Karakorum. Aqueles días, o territorio multicolor de Paquistán escurecíase cos ensaios nucleares que estaba realizando o goberno nalgunhas rexións. Quedamos sete días en Rawalpindi para solucionar os obrigados permisos. Por primeira vez, concedían a alguén unha autorización múltiple (para catro montañas de máis de 8000 metros). Pola contra, teriamos que soportar a vixilancia de dous oficiais de enlace.

En liña de puntos a ruta de aproximación seguida
para chegar ó campo base dos Gasherbrum.
 

     Acompañounos un grupo de montañeiros galegos. En Skardu levamos a cabo os últimos preparativos. Dalí fomos a Askole, viaxando en Jeep un día enteiro por camiños pendurados do aire, sobre a portela do río Braldo. Tristemente, días máis tarde, un Jeep que facía o mesmo camiño ca nós, caeu polas penas, morrendo os seus dous ocupantes.

     Continuamos a Khoropon, punto cero da aproximación, que fixemos con 80 carrexadores. Ó día seguinte, novo sobresalto: cando vadeabamos un afluente do Braldo, para evitar un rodeo de 5 horas ata o Garari, un carrexador foi arrastrado pola corrente durante 500 metros. Por sorte, anque o seu estado era crítico, logrou salvarse. Tras o incidente, chegamos a Paiju, fiestra ó paraíso dos oitomiles; un lugar fermoso, bucólico, esperanzador, fronte ás torres do Trango, as Catedrais, Uli Bhiao, Torre sen nome e as neves perpetuas dese glaciar infindo que é o Baltoro.

Ibrahim, un dos 80 carrexadores que nos acompañaron durante
a aproximación.
 
Carrexadores vadeando un afluente do río Braldo na aproximación á cordilleira do Karakorum (Paquistán).
 

Voltar ó índice da axenda
© Copyright 1999, Equipo Desafío 8.000.
Reservados tódolos dereitos.
Sitio deseñado por Canal Dous Multimedia.
Contactar
Créditos
inicio proyecto top proyecto expedición tecnología agenda galería prensa patrocinadores productos about om om om izq der top