![]() |
![]() |
|||||||||||||||
![]() ![]() |
Intento ó Kangchenjunga
Ascensión Mentres esperabamos no base a que a treboada cesase, realizamos conexións en directo con varias televisións españolas. Despois dun mes, e tras marcar con fitos o glaciar do Yalung cargados con mochilas de 30 kg., chegamos ó campo base real (Tumba Apache). Malia que cada día se amoreaba máis neve, logramos sinalizar a ruta ata o campo I (6200 m). O día 4 de abril mellorou a climatoloxía e tres días despois durmimos xa a 7300 metros e deixamos equipado o muro de xeo. De madrugada decidimos atacar o cume, pero os nosos corpos non estaban aínda aclimatados. Subimos moi lentamente. Eu recuei cando estaba a 7900 metros. Xesús intentou facer un último esforzo: a 8300 metros, comezou a sentir molestias na cabeza e decidiu regresar. Novamente a esperar. Atopamos ó italiano Fausto Di Stefani, que tamén viña ó Kangchenjunga. O día 30 alcanzamos outra vez o campo II: unha avalancha sepultárao todo (tenda, comida, materiais...). Aínda subimos logo outra tenda e comida para ascender ata os 7300. Un desprendemento de placas embaixo dos meus pés deume un susto de morte. Equipamos 400 metros de corda fixa para progresar con seguridade. Cando chegamos ós 7300, volvimos comprobar que a outra tenda que alí tiñamos con materiais a levara o vento, motivo de sobra para obrigarnos a renunciar. A pesar de todo, marchamos tan satisfeitos coma se fixésemos cume. |
|||||||||||||||
![]() |
||||||||||||||||
|
© Copyright 1999, Equipo Desafío 8.000.
Reservados tódolos dereitos. Sitio deseñado por Canal Dous Multimedia. |
Contactar
Créditos |