![]() |
![]() |
|||||||||||||||
![]() ![]() |
Intento ó Manaslu
Ascensión O 12 de xaneiro subimos a montar unha tienda ó campo I (5800 m). Ata o día 24 non fomos capaces de progresar. Esas xornadas pasámolas subindo ó campo I, retrocedendo cara ó base e volvendo a subir. Isto foi debido a varios motivos: fundamentalmente, polo mal tempo (temperaturas de 40° baixo cero); porque necesitabamos aclimatarnos tras dous meses sen estar en altura; e porque Quino sufriu síntomas de cansazo (e, dado que non melloraba transcurridos varios días, debimos solicitar un helicóptero que o trasladase a Katmandú). O día 28 subimos ó campo II. Nevou durante toda a noite e, a partir dos 7000 metros, o vento zoaba con moita forza. Ese día, os Iñurriategui deron por concluída a expedición e regresaron a Katmandú. O descenso ata o base, con moi mala visión, levounos tres veces máis do habitual. O día 2 tomamos de novo o campo II: a parede estaba chea de neve. Durmimos alí, agardando a melloría, pero a situación non cambiou. O descenso pola parede ata o base resultou peligrosísimo. Resignados, nos días posteriores só tentamos alcanzar o campo I para recuperar o material: achamos a tenda cuberta de neve e, despois dunha hora, logramos desenterrala. |
|||||||||||||||
![]() |
||||||||||||||||
|
© Copyright 1999, Equipo Desafío 8.000.
< Reservados tódolos dereitos. Sitio deseñado por Canal Dous Multimedia. O noso especial agradecemento á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia. |
Contactar
Créditos |