Intento ó Manaslu
En liña de puntos a ruta de aproximación seguida para chegar
ó campo base do Manaslu.
 
Baixando a Samagaón cos carrexadores, despois de decidir que non continuabamos a ascensión.
 

Aproximación

     Pasado o Nadal regresamos ó Nepal. Cada nova rexión que visitamos pareceunos diferente, aínda que as condicións de vida das súas xentes son similares. Advertimos, desta volta, as súas múltiples carencias: non teñen a penas acceso á educación nin atención sanitaria, a non ser que viaxen durante varios días a algunha das grandes cidades, e cada familia posúe unha única estancia, na que cociñan, dormen e pasan os seus días.

     Para ascender ó Manaslu compartimos permiso cunha expedición basca: a dos irmáns Iñurriategui. Viñeron tamén con nós Lakpa, o cociñeiro, e Yelu, shirdar e carrexador sherpa que xa nos acompañara en Langtang.

     Pasamos Arughat Bazar, Machha Khola, Ekle Batti -un tramo da aproximación que non está preparado para o turismo- e Namrung, onde atopamos as primeiras neves, despois de que o bo tempo estivese todos eses días da nosa parte.

     O 10 de xaneiro, catro días despois de iniciada a aproximación, alcanzamos Samagaón (3500 m). Desde aquí subimos ó campo base (4800 m), na compaña de 25 carrexadores, onde conectamos coa expedición basca, que levaba xa 15 días alí.


Voltar ó índice da axenda
© Copyright 1999, Equipo Desafío 8.000.
Reservados tódolos dereitos.
Sitio deseñado por Canal Dous Multimedia.
Contactar
Créditos
inicio proyecto top proyecto expedición tecnología agenda galería prensa patrocinadores productos about om om om izq der top