Intento ó Shisha Pangma
Diario de montaña
13 novembro (1997)
Xesús permanece en Katmandú preparando o permiso do Shisha Pangma. Álex e Toni chegan a Katmandú esa tarde.
14-16 novembro
En Katmandú non lles conceden autorización para ascender ó Shisha Pangma en inverno. Deciden intentar a subida por Lantang.
17 novembro
Viaxan en autobús de Katmandú a Dunche (8 horas de traxecto).
18 novembro
Comezan a aproximación na compaña dos carrexadores. Traxecto Dunche - Bamboo.
19 novembro
Soben de Bamboo a Langtang.
20 novembro
Realizan o traxecto Langtang - Nubamatang Kharka (4100 m).
21 novembro
Chegan a Drichung Phu (4300 m), onde se vai instalar o campo base, un lugar no que hai cabanas de pastores de iacs, ás portas do glaciar de Langtang.
22-24 novembro
O mal tempo retenos no campo base.
25 novembro
Soben polo glaciar para alcanzar o campo base da parede Sur do Shisha Pangma.
26 novembro
Na madrugada cae unha abondosa nevarada que os obriga a regresar á cabana de iacs. Continúa nevando todo o día.
27-29 novembro
Esperan a que pase o mal tempo.
30 novembro
Semella que o tempo quere mellorar e volven intentar subir polo glaciar.
1 decembro
Volta a nevar durante toda a noite. É imposible subir polo pedregoso glaciar. Tanta neve tapa o camiño, o que provoca que se afundan continuamente entre os ocos das pedras. Ante o risco de fracturarse unha perna, deciden pospoñer o seu intento e regresan ó campo base.
2 decembro
Recollen o campamento.
3 decembro
Álex, Xesús e Toni baixan a Langtang. Nigma, o cociñeiro, agarda ós carrexadores para baixar.
4 decembro
Descenden ata Dunche.
5 decembro
Toman o autobús de Dunche a Katmandú. Xesús cree que non fixeron ben en baixar: parece que o tempo quere mellorar. Pero tres días despois caería a máis grande nevada do ano en Langtang, de máis de dous metros de altura.
6-9 decembro
Espera en Katmandú.
9-10 decembro
Regresan a Galicia para pasar as festas de Nadal ó lado das súas familias.
11 decembro-1 xaneiro (1998)
Estancia en Galicia.