![]() |
![]() |
||||||||||||||
![]() ![]() |
Intento ó Shisha Pangma
Aproximación O 12 de novembro planteámonos tentar o Shisha Pangma antes de voltar a Galicia para pasar o Nadal xunto ás nosas familias. Como é costume, acudimos a Katmandú para solicitar a autorización que nos permitise ascender. Alí soubemos que os tibetanos non conceden permisos para subir á montaña durante a época invernal. Decidimos, entón, intentalo desde o Nepal.
Tras varias viaxes longas chegamos a Lantang, lugar do que partimos cara a Nubamatang Kharka (4100 m) e Drichung Phu (4300 m), onde instalamos o campo base. En varias ocasións intentamos alcanzar o campo base da parede Sur da montaña, a través dun pedroso glaciar. Pero nevaba con forza e a propia neve agochaba os ocos que hai entre as rochas, o que aumentaba os riscos de partir unha perna. Volvimos esperar. Ante a nula perspectiva dun cambio na climatoloxía, decidimos finalmente renunciar, non sen acerto porque tres días despois caeu sobre Langtang a maior nevarada do ano, de máis de dous metros de altura. |
||||||||||||||
![]() |
|||||||||||||||
|
© Copyright 1999, Equipo Desafío 8.000.
Reservados tódolos dereitos. Sitio deseñado por Canal Dous Multimedia. |
Contactar
Créditos |