Cumio do Cho-Oyu
Diario de montaña
19 outubro (1997)
Toni voa de Jomson a Pokara, e pola noite viaxa a Katmandú. Álex e Xesús baixan a Lete.
20 outubro
Toni prepara en Katmandú os trámites do permiso. Álex e Xesús soben a Jomson.
21 outubro
Toni continúa en Katmandú. Álex e Xesús voan cara a Pokara; pola noite toman o autobús de Katmandú.
22 outubro
Chegan Álex e máis Xesús a Katmandú.
23 outubro
Realizan tódolos preparativos para que Xesús e Álex saian por diante cos carrexadores.
24 outubro
Permanecen en Katmandú.
25 outubro
Álex e Xesús voan a Lukla. Toni espera a chegada dos cartos que lle enviaron desde Galicia.
26 outubro
Álex e Xesús soben cos carrexadores ata Namche Bazar (3500 m).
27 outubro
A falta de diñeiro retenos en Namche Bazar.
28 outubro
Xesús regresa a Lukla para coller os cartos que lle enviou Toni desde Katmandú. Soben cos iacs a Thame (4100 m). Vai coes Marcos, un montañeiro basco.
29 outubro
Xesús e Álex, xunto coa caravana de iacs, soben a Chola, último lugar habitado no camiño ó Cho-Oyu.
30 outubro
Toni voa a Lukla co resto do diñeiro e co permiso. Ese mesmo día sobe a Thamo. Polo camiño se atopa co arxentino Daniel Eisenberg.
31 outubro
Álex, Xesús, Marcos e a caravana de iacs chegan ó campo base (5500 m). Contra o final do día chega tamén Toni.
1 novembro
Montan o campo base. Unha manchea de refuxiados tibetanos cruzan por aquí para ir a ver ó Dalai Lama. Tamén cruzan cantidade de caravanas de mercaderes tibetanos con iacs. Marcos regresa a Namche.
2 novembro
Álex, Xesús e Toni, cunhas mochilas de 25-30 kg., emprenden a aproximación á parede do Cho-Oyu. Dormen na portela do Nampa-La (5900 m). Como nos días anteriores, crúzanse con infinidade de caravanas de iacs que cruzan o paso para dirixirse a Namche.
3 novembro
Desde a portela diríxense á base do Cho-Oyu. Fan noite no glaciar, a 6100 metros, onde quedará logo Álex.
4 novembro
Toni e Xesús emprenden a ascensión. Por causa do vento teñen que deterse cando xa alcanzaran os 6700 metros. Álex filma a escalada desde a tenda.
5 novembro
Toni e Xesús reemprenden a ascensión e chegan ó campo III (7600 m), onde montan a tenda para pasar a noite.
6 novembro
Saen para o cume coas primeiras raiolas. Ó pouco tempo, Toni sente moito frío nos pés e nas mans, razón pola cal decide dar a volta. Xesús continúa en solitario. Ás cinco da tarde regresa despois de tripar a cima.
7 novembro
Toni e Xesús baixan ó glaciar, onde os está agardando Álex.
8 novembro
Regresan ó campo base.
9 novembro
Xesús adiántase e parte cara a Namche. Álex e máis Toni desmontan o campo base.
10 novembro
Xesús baixa a Lukla e Álex e Toni ata Thame.
11 novembro
Xesús voa a Katmandú. Álex e Toni descenden a Namche Bazar, onde esperan polos carrexadores.
12 novembro
Álex e Toni baixan cos carrexadores ata Lukla.