![]() |
![]() |
||||||||||||||||||
![]() ![]() |
Cumio do Cho-Oyu
Aproximación Despois da experiencia aceda do Annapurna, acudimos a Katmandú a negociar o permiso para afrontar o novo cumio. Agardamos tamén un envío de cartos desde Galicia para poder continuar. Mentres non chegaba, Álex e Xesús adiantáronse ata Lukla e ascenderon a Namche Bazar (3500 m) cos carrexadores. Acompañados por unha caravana de iacs, progresamos posteriormente ata Thane (4100 m), Chola e, finalmente, ata o campo base (5500 m). Algo máis enriba está o paso do Nangpa-La (5900 m), que forma a fronteira entre Tíbet e Nepal. Cruzámonos coas caravanas de iacs dos comerciantes tibetanos e con multitude de peregrinos budistas que transitaban esta vía para visitar ó Dalai Lama, exiliado na India. Fame negra, conxelacións e ataques de cegueira son síntomas comúns dunha penitencia que ás veces conclúe tristemente nestas montañas. Con case 30 quilos de peso nas nosas mochilas subimos ó Nangpa-La e, con posterioridade, ó glaciar de 6100 metros, situado na base do Cho-Oyu. |
||||||||||||||||||
![]() |
|||||||||||||||||||
|
© Copyright 1999, Equipo Desafío 8.000.
Reservados tódolos dereitos. Sitio deseñado por Canal Dous Multimedia. |
Contactar
Créditos |