Intento do Annapurna

Diario de montaña

28 setembro (1997)
     Soben ata Kagbeni. Álex marcha a Katmandú para xestionar o permiso do Annapurna. Xulián acompáñao para regresar a casa.

30 setembro
     Soben a Muktinath, a onde acoden multitude de peregrinos hinduístas, e desandan o camiño a Marpha.

1-2 outubro
     Descanso en Marpha.

3 outubro
     Xesús e Toni baixan a Lete (2300 m), derradeira aldea para comezar a aproximación ó Annapurna. Saúdan a Pablo e a Susana, dous madrileños que atopan alí.

4 outubro
     Mentres buscan carrexadores para subir ó campo base do Annapurna, Xesús e Toni soben a perto de Thulo Bugin (4200 m) e regresan a Lete.

5 outubro
     Acompañados por 15 carrexadores e por Lakpa, o cociñeiro, Xesús e Toni comezan a aproximación. Pola tarde chove.

6 outubro
     Catro carrexadores retrásanse e teñen que agardar medio día por eles. Continúa o mal tempo durante a tarde, polo que hai que facer noite no paso de Thulo Bugin (4200 m).

7 outubro
     Ó longo de todo o día camiñan sobre neve. Sorpréndense da fortaleza dos carrexadores. Fan noite no campo base dos Nilgiri.

8 outubro
     Baixando as costentas pendentes que conducen ó río Miristhi Khola (3200 m), un carrexador esvara e perde a carga de queroseno que levaban para cociñar.

9 outubro
     Chegan ó campo base do Annapurna (4300 m). Non hai ningunha expedición alí.

10 outubro
     Dedican o día a montar o campo base.

11 outubro
     Xesús e Toni soben ó campo I (5200 m) e dormen alí.

12 outubro
     Con moito esforzo, afundíndose ata a cintura durante moitos tramos, alcanzan o campo II (6200 m), onde dormen.

13 outubro
     A gran cantidade de neve amoreada na parede, así como os aludees que caen pola ruta, fan que decidan agardar uns días. Regresan ó campo base, onde atopan a Álex, que xa regresara de Katmandú.

14 outubro
     Día de descanso.

15 outubro
     Álex, Xesús e Toni soben directos ó campo II.

16 outubro
     Toni y Xesús saen de madrugada para continuar a ascensión. Álex queda na tenda. Ó comezo da parede de seracs vense sorprendidos por un enorme alude, que os fai desistir no intento do Annapurna. A parede atópase en moi malas condicións.

17 outubro
     Con todo o equipo regresan ó campo base. Acertaban: uns días despois nevaría con tanta intensidade que mantiveron pechado o aeródromo de Jomsom. Por causa disto, as expedicións que se achaban no Dhaulagiri estiveron retidas durante moito tempo, sen poderen regresar a Marpha.

18 outubro
     Lhakpa quedou esperando ós carrexadores no campo base. Toni baixou a Marpha para tramitar o permiso do Cho-Oyu.


Voltar ó índice da axenda
© Copyright 1999, Equipo Desafío 8.000.
Reservados tódolos dereitos.
Sitio deseñado por Canal Dous Multimedia.
Contactar
Créditos
inicio proyecto top proyecto expedición tecnología agenda galería prensa patrocinadores productos about om om om izq der top