![]() |
![]() |
|||||||||||||||
![]() ![]() |
Intento do Annapurna
Ascensión Non tiñamos reseñas de por onde discorría a ruta. Recorremos á lóxica e dimos co vieiro correcto. Alcanzamos o campo I. E o campo II. Pero a cantidade de neve amoreada e os aludes que se desprendían da parede Norte do Annapurna nos aconsellaban esperar. O día 15, Álex regresou de Katmandú co permiso. Ó día seguinte, de madrugada, encamiñámonos cara ó campo III. De súpeto, Álex, que quedara no campo II, escoitou un forte estrondo. Saíu da tenda e observou como unha enorme nube se desprendía da foz. Berrou repetidas veces tentando alertarnos, pero a súa se perdía naquela inmensidade. Na parede, cen metros por enriba do plató, Xesús comprobou que unha nube de neve en po se desprazaba montaña abaixo. Avisoume para que me protexese, e conseguín gorecerme entre os seracs que estaban á miña esquerda. A masa de neve zorregounos, intentou arrastrarnos. Afogou a nosa respiración. Xa en calma, observámonos durante uns segundos, como dúas figuras que acabaran de volver dun soño. Semellaba que a Deusa da Plenitude nos daba o derradeiro aviso. |
|||||||||||||||
![]() |
||||||||||||||||
|
© Copyright 1999, Equipo Desafío 8.000.
Reservados tódolos dereitos. Sitio deseñado por Canal Dous Multimedia. |
Contactar
Créditos |