![]() |
![]() |
|||||||||||||||||
![]() ![]() |
Intento do Annapurna
Aproximación O 30 de setembro subimos a Muktinah, onde acode unha silenciosa multitude de peregrinos hinduístas. Álex viaxou a Katmandú para xestionar o permiso que nos autorizaría a subir ó cumio. O 3 de outubro descendimos de Marpha a Lete (2300 m), derradeira vila para comezar a aproximación. Acompañados por 15 carrexadores e por Lapka, o noso cociñeiro, iniciamos no serán do día 5 a aproximación. Chovía.
O camiño resultou un cúmulo de despropósitos: catro dos nosos carrexadores retrasáronse e tivemos que agardar máis de medio día por eles; mentres descendiamos as costentas pendentes que levan ó río Miristhi Khola (3200 m), un carrexador esvarou e precipitouse por un cavorco de 300 metros o único bidón de queroseno que tiñamos para cociñar; os gatos das neves comeron parte da nosa comida de altura... Pero non perdimos a ilusión. Alentounos a fortaleza e o espírito de sacrificio dos carrexadores. O día 9 chegamos ó campo base (4300 m), onde non había ningunha expedición máis. Sorprendeunos atopar auga e arbustos, o que nos ía permitir facer lume para cociñar. |
|||||||||||||||||
![]() |
||||||||||||||||||
|
© Copyright 1999, Equipo Desafío 8.000.
Reservados tódolos dereitos. Sitio deseñado por Canal Dous Multimedia. |
Contactar
Créditos |