Cumio do Dhaulagiri

Diario de montaña

30 agosto (1997)
     Viaxan en autobús de Katmandú a Pokhara.

31 agosto
     Comeza a aproximación. Dormen en Birethanti (1100 m).

1 setembro
     Recorren o camiño que sobe a Ghorapani (2874 m). As nubes impídenlles recrearse coas vistas do Annapurna e do Dhaulaguiri.

2 setembro
     Baixan a Tatopani ("augas quentes" en nepalí) (1300 m). Á beira do río Kali Gandaki disfrutan das augas termais.

3 setembro
     Continúan pola beira do río Kali Gandaki ata chegaren a Kalopani (2300 m). Perto de 6000 metros por enriba, érguense o Annapurna -á dereita- e o Dhaulagiri, á esquerda.

4 setembro
     Alcanzan Marpha (2600 m), derradeira vila na aproximación ó Dhaulagiri.

5 setembro
     Comezan a aclimatación. Dormen nunha cabana de pastores de iacs en Yakharka (4200 m), na aproximación ó Dhaulagiri.

6 setembro
     Con moita brétema, que os leva a perder o camiño durante un tempo, chegan a Kalopani (4900 m). Pasan aquí a noite.

7 setembro
     Acompañados polas nubes -o mesmo que o día anterior-, alcanzan o Dhampus Pass (5200 m) e máis tarde montan as tendas no monte Dhampus ou Thapa (6012 m).

8 setembro
     Baixan a Marpha, en Yakharka. Crúzanse co cociñeiro, o oficial de enlace e os carrexadores, que soben para o campo base.

9 setembro
     Día de descanso en Marpha.

10 setembro
     Quino regresa a Katmandú. Continúan Álex como cámara, Xulián -montañeiro convidado ó Dhaula-, Toni e Xesús. Dormen perto do Paso dos franceses (5300 m).

11 setembro
     Chegan ó campo base (4800 m), que aínda está sen montar. O cociñeiro, os carrexadores e o oficial de enlace chegaran o día anterior.

12 setembro
     Xulián, Xesús e Toni comezan a ascensión ó Dhaulagiri. Empeza a nevar e teñen que parar a 5700 metros, próximos a onde se adoita montar o campo I.

13 setembro
     Ante a insistencia do mal tempo regresan ó campo base.

14 setembro
     Día de descanso no campo base.

15 setembro
     Xulián y Xesús soben ó campo I (5900 m). Toni busca un burro, que avistara días antes extraviado no glaciar, con intención de darlle alimento, pero non o atopa.

16 setembro
     Álex e Toni soben ó campo I. Xulián e Xesús soben ó campo II (6200 m).

17 setembro
     Toni sobe de noite ó campo II, onde se reúne con Xulián e Xesús. Abren ruta ata os 6800 metros, onde pasan a noite. Álex queda filmando desde o campo I.

18 setembro
     Xulián, Xesús e Toni saen con intención de subir ó cume, pero a 7500 metros reparan en que van moi a modo para poder subir con garantías, polo que regresan á tenda que teñen a 6800 metros.

19 setembro
     Regresan ó desfiladeiro no que está Álex e xunto con el baixan para o campo base.

20-21 setembro
     Descanso no campo base.

22 setembro
     Soben ó campo I (5900 m).

23 setembro
     Xulián, Xesús e Toni soben ó campo IV (7500 m). Álex agarda no campo I.

24 setembro
     Ás tres da tarde alcanzan a cima do Dhaulaguiri. Case de noite regresan á tenda do campo IV (7500 m).

25 setembro
     Baixan directos ó campo base con todo o equipo.

26 setembro
     Recollen o campo base.

27 setembro
     Álex, Xulián, Xesús e Toni baixan a Marpha. O cociñeiro queda no campo base esperando ós carrexadores.


Voltar ó índice da axenda
© Copyright 1999, Equipo Desafío 8.000.
Reservados tódolos dereitos.
Sitio deseñado por Canal Dous Multimedia.
Contactar
Créditos
inicio proyecto top proyecto expedición tecnología agenda galería prensa patrocinadores productos about om om om izq der top