Cumio do Dhaulagiri
Ruta de ascensión que seguimos para coroar
o Dhaulagiri.
 
Preto do campo IV (7400 m), no primeiro intento que fixemos
á cima.
 

Ascensión

     Comezamos a ascensión o día 12 de setembro. Unha nevada intensa obrigounos a deternos cando estabamos moi próximos a onde se adoita establecer o campo I.

     Voltamos ó campo base. Entón eramos os únicos que nos ataopabamos na rota. Alí, no base, outra expedición planeaba abrir unha nova vía.

     Tras dun intento errado ó cumio desde os 6800 metros, regresamos outra vez ó campo base. Tres días despois tomamos de novo o camiño de ascenso. Esta vez logramos alcanzar a cima. Desde alí, Xesús, sostendo a bandeira da OM, crebando aquel silencio abrumador, gritou: ¡POLA PAZ E O MEDIO AMBIENTE!

     Chantou a bandeira. Dez metros por debaixo estaba Xulián, que acababa de acadar o seu primeiro 'oitomil'. Xa no campo base, queimamos unhas pólas de cuprés para despedir a Xulián e a Quino, que regresaban a Galicia.


Voltar ó índice da axenda
© Copyright 1999, Equipo Desafío 8.000.
Reservados tódolos dereitos.
Sitio deseñado por Canal Dous Multimedia.
Contactar
Créditos
inicio proyecto top proyecto expedición tecnología agenda galería prensa patrocinadores productos about om om om izq der top