Diario dun desafío
O monte Everest, punto máis alto da cordilleira do Himalaia,
visto desde o val da cidade de Katmandú (Nepal).
 
Vello nepalí, coa arma típica dos guerreiros gurkas (o kukuri) enfundada e suxeita á súa faixa.
 
Un neno xoga nun dos moitos postos ambulantes que se poden ver en Katmandú.
 

Chegada a Katmandú

     O día 27 de agosto de 1997 chegamos a Katmandú, a capital do reino do Nepal. Situada a 1331 metros de altitude, é a cidade máis grande do val do mesmo nome, unha área poboada que se ergue no centro da cara sur do Himalaia "semellante á pegada dun xigante", como conta Masayuki Nakamura na súa obra Nepal Himalaya Trekking.

     O Himalaia é un acio de montañas nevadas que ocupa unha extensión de 800 quilómetros de leste a oeste e Katmandú é o centro económico, político, industrial, cultural e turístico desa zona. A capital é tamén o punto de partida das expedicións ós cumios da cordilleira.

     Katmandú (675.000 hab.) é unha cidade buliciosa, colorida e cun xeito de medievo oriental. Antes de comezar o noso desafío, e mentres solicitabamos os permisos, aproveitamos para pasar un par de días nela. Disfrutamos dos bazares de Asan Tole -a rúa principal do casco vello- e da arquitectura dos seus innumerables templos e palacios. Pero conmovéronnos especialmente as vistas da cidade e do Himalaia que se divisan desde a torre do reloxio do vello Palacio Real e desde os outeiros situados nos suburbios. E, sobre todo, a bóveda dourada do templo budista tibetano de Boudhanath, a máis grande do mundo, con 27 metros de diámetro.


Voltar ó índice da axenda
© Copyright 1999, Equipo Desafío 8.000.
Reservados tódolos dereitos.
Sitio deseñado por Canal Dous Multimedia.
Contactar
Créditos
inicio proyecto top proyecto expedición tecnología agenda galería prensa patrocinadores productos about om om om izq der top