Diario dun desafío

Introducción

     Despois de transcorrido un prazo de tempo razoable desde a nosa chegada, reflexionamos sobre o resultado da nosa expedición. Francamente, cremos que se deron ámbalas cousas: éxito e máis fracaso. Recoñecemos o noso fracaso se pensamos que aquel propósito de acadar os 14 cumios nun único ano non se logrou. Pero tamén levamos un bo anaco de éxito se lembramos as condicións sufridas, tanto climatolóxicas coma estructurais, cando afrontamos cada unha das montañas.

     Éxito porque conquerimos 5 cumes en 11 meses, malia que o presuposto nin a infraestructura podían equipararse ós que normalmente dispón calquera expedición para ascender a un só oitomil. Tamén porque ese ano a climatoloxía se converteu nunha inimiga absoluta (¿cantas expedicións lograron máis dunha cima entre setembro de 1997 e agosto de 1998?).


Mapa de situación dos catorce oitomiles
protagonistas do noso desafío.
 

     Satisfácenos o noso logro pese a non ter contado con porteadores de altura -como adoita ser habitual en case tódalas expedicións- e porque, ó non haber máis expedicións, tivemos que abrir ruta e pegada na meirande parte das montañas. Pero, sobre todo, satisfácenos ter contribuído deste xeito na defensa da paz e do medio ambiente.

Diario das expedicións
(Relatado por Xosé A. Martínez Novas)

Chegada a Katmandú (26 agosto 1997)
Cumio do Dhaulagiri (30 ago. - 27 set. 97)
Intento ó Annapurna (28 set. - 18 out. 97)
Cumio do Cho Oyu (19 out. - 12 nov. 97)
Intento ó Shisha Pangma (13 nov. - 11 dec. 97)
Intento ó Manaslu (2 xan. 1997 - 10 feb. 98)
Intento ó Kangchenjunga (11 feb. - 10 maio 98)
Cumio do Gasherbrum II (31 maio - 10 xullo 98)
Cumio do Hidden Peak (11 xullo - 2 ago. 98)
Cumio do Broad Peak (3 ago. - 22 ago. 98)

© Copyright 1999, Equipo Desafío 8.000.
Reservados tódolos dereitos.
Sitio deseñado por Canal Dous Multimedia.
Contactar
Créditos
inicio proyecto top proyecto expedición tecnología agenda galería prensa patrocinadores productos about om om om izq der top Broad Peak Gasherbrum II Manaslu Hidden Peak Shisha Pangma Kanchenjunga Cho Oyu Annapurna Dhaulagiri