Intelsis, o desafío galego Radioenlace de vídeo/audio Intelsis de altas prestacións para a expedición "Desafío 8000"
 

     O radioenlace de vídeo/audio desenvolvido en Galicia por INTELSIS para os escaladores da expedición "Desafío 8000" é un equipo de altas prestacións deseñado co obxectivo de cumprir os tres condicionantes necesarios para este tipo de proxectos: a) ampla marxe de temperatura de funcionamento: entre 40° baixo cero e 50° C; b) peso mínimo: menos de 1 Kg. todo o equipamento transmisor; e c) máxima autonomía de operatividade.


A cobertura do satélite Inmarsat permitiu ofrecer imaxes en directo a distintas televisións de todo o mundo.
 
Antena emisora no campo III (7300 m)
do Kangchenjunga.
 

     O enlace establécese en frecuencias de Banda L (1500 MHz) con modulación de frecuencia para emitir vídeo de alta calidade cun alcance de 10 Km. As antenas transmisora e receptora son iguais (de reducido peso e tamaño, menos de 50 cm.) e de tipo logarítmico (apertura de 20°), o que permite o seu doado apuntamento manual sen que se requira unha grande precisión.

     O transmisor é un pequeno equipo completamente estanco, o que permite traballar á intemperie. Acepta unha potencia de saída de RF de 200 mW. O consumo é mínimo, de só 2,4 W e cunha tensión de 12 V proporcionada por unhas baterías de Cloruro de Tionilo de Litio de alta densidade enerxética e de alto rendemento a baixas temperaturas. Iso permítelle unha autonomía de 30 horas de funcionamento nunha banda de -40° a 50° C.

     O receptor é tamén de consumo reducido (3,6 W). Aliméntase a 12 V cun xogo interno de baterías recargables de Niquel-Cadmio ou con alimentador externo na súa marxe de temperatura de uso: -10° a 50°C. O conxunto completo, incluíndo os cables e a antena, ten un peso inferior a 1 Kg.

     O transmisor, os cables e a batería gárdanse nunha bolsa que se pode transportar na cintura e ten o tamaño dunha cámara fotográfica compacta. O enlace permite ós escaladores, mesmo nos momentos máis críticos, transmitir imaxes de alta calidade e en tempo real á estación base. Alí pode ser gravada en formato de vídeo dixital ou seren enviada tamén en tempo real (mediante un up-link transportable de satélite -codec de 64 Kbps- con calidade de vídeo-conferencia).

© Copyright 1999, Equipo Desafío 8.000.
Reservados tódolos dereitos.
Sitio deseñado por Canal Dous Multimedia.
Contactar
Créditos
inicio proyecto top proyecto expedición tecnología agenda galería prensa patrocinadores productos about om om om izq der top