Historial deportivo

Expedicións

     As nosas expedicións distínguense por practicar un estilo de escalada limpia, prescindindo sempre do uso de osíxeno embotellado, e por unha adaptación constante ó terreo. Adoitamos utilizar os recursos que ofrece a montaña e a non abandoar nela residuos inorgánicos.

ÁFRICA
• 1983 HOGGAR (Alxeria)

AMÉRICA
• 1983 ANDES (Arxentina)
• 1985 ANDES (Perú-Chile)
• 1987 ANDES-PATAGONIA (Arxentina)

ASIA
• 1984 KARAKORUM (Paquistán)
• 1985 ANNAPURNA (Himalaia do Nepal)
• 1991 DHAULAGIRI (Himalaia)
• 1996 EVEREST (Himalaia)

EUROPA
• 1982, 1984 ALPES (Mont Blanc)


A destacar

     Tras principiar en 1980 a súa andadura montañeira, Xosé Antonio Martínez Novas logrou en tan só cinco anos o maior historial alpinístico individual para Galicia:

• Record mundial de ascensións ó Aconcagua (5) nun mesmo ano (6959 m).

• Himalaia. Expedición de dous membros que realizou toda a aproximación sen carrexadores e logrou a primeira ascensión mundial ó Biarchedi (6759 m) tras abrir unha ruta de alta dificultade.

Everest (8848 m). Expedición formada polos dous irmáns Martínez Novas. Xesús coroou o cumio sen osíxeno, despois de superar o peor temporal de varias décadas, con ventos de 120-180 Km/h e temperaturas entre 10 e 40° baixo cero. Na forte tormenta faleceron 9 alpinistas de prestixio internacional. A nosa expedición perdeu, por causa do forte vento, todo o equipo e a roupa de abrigo.

© Copyright 1999, Equipo Desafío 8.000.
Reservados tódolos dereitos.
Sitio deseñado por Canal Dous Multimedia.
Contactar
Créditos
inicio proyecto top proyecto expedición tecnología agenda galería prensa patrocinadores productos about om om om izq der top