Novas técnicas
Desde a aldea de Lho, na ruta de aproximación, apréciase por primeira vez a inmensidade do Manaslu.
 

     Como dixemos, a segunda condición favorable viría da man da tecnoloxía:
a) Pola posibilidade de establecer transmisións en directo con equipos, ademais, moi lixeiros.
b) Pola aparición de novos materiais de montaña máis resistentes, máis illantes e de escaso peso.
c) Debido a un coñecemento maior da resistencia do organismo en altura e a novos métodos de preparación física.


O reto físico
Utilización da técnica alpina nunha parede de xeo, con obxecto
de abrir ruta.
 

     O problema básico sería a aclimatación á altura. Ter o corpo na mellor disposición para realizar un duro traballo físico a 8000 metros e para poder respirar unha atmósfera baixa en osíxeno require sempre unha preparación moi específica.

     Ata entón, o concepto clásico de gran ascensión con campamentos de aprovisionamento obrigaba a progresar con lentitude. Así, cando os alpinistas estaban en condicións de atacar o cumio, o seu corpo pasara varios días sometido á progresiva debilidade que produce a altura. Nestas condicións, o organismo humano perde millóns de glóbulos vermellos e case dous litros de auga ó día. Pronto aparecen cefaleas, mareos e malestar xeral que deterioran o estado físico e minguan as posibilidades de chegar ó cume.

     En troques desde os anos oitenta, as expedicións lixeiras demostraron que é preferible ir máis á presa, levar un equipo reducido, facer cumio en pouco tempo e regresar rapidamente a baixa altura para recuperarse, evitándolle ó organismo o enorme desgaste dunha estancia prolongada en altitude.

     O equipo que ía acometer este reto desenvolveu un programa de aclimatación á altura especialmente adaptado á resposta física dos seus propios organismos. Verificou con éxito a eficacia deste programa no cumio do Aconcagua e tamén durante outra ascensión realizada ó Everest, no mesmo contorno onde estaban fixados os seus obxectivos.

© Copyright 1999, Equipo Desafío 8.000.
Reservados tódolos dereitos.
Sitio deseñado por Canal Dous Multimedia.
Contactar
Créditos
inicio proyecto top proyecto expedición tecnología agenda galería prensa patrocinadores productos about om om om izq der top