Un proxecto accesible
Cumio do Hidden Peak iluminada polo sol
do mediodía.
 

     En canto ó aspecto puramente deportivo, o reto podía parecer excesivamente ambicioso. Coroar as 14 cimas máis altas do mundo, e facelo en menos de 12 meses, ascendendo sen osíxeno, cun equipo técnico e humano moi reducido, case mínimo.

     Na historia do alpinismo só dúas persoas ascenderan (agora xa son seis) estes 14 cumios. E fixérano no curso de varios anos. Pero, a pesar de todo, era un reto moi abordable. A súa dificultade semellaba máis aparente ca real. Sen dúbida, hai ducias de alpinistas de élite en todo o mundo que poderían realizar esta proeza. Pero moi probablemente no alpinismo, que é un deporte moi cualitativo -onde non existe a competición directa nin a teima de superar un record- ninguén o planteara.


Concentración de obxectivos
Bandeiras de oracións budistas, coas que os sherpas solicitan a piedade da montaña.
 

     Dábanse dúas situacións que favorecían enormemente a viabilidade do proxecto deportivo. A primeira era a proximidade xeográfica: os 14 cumes de máis de 8000 metros están todos eles situados na coordilleira do Himalaia, concentradas nunha área relativamente cativa que abrangue Nepal e o norte de Paquistán.

     Isto limitaría o tempo de traslados, permitirianos acometer dúas cimas nun mesmo ataque e, o máis importante, axudabanos a levar adiante unha estratexia de ascensións que limitaba ó máximo os problemas de aclimatación dos alpinistas a gran altitude.

     O aproveitamento dos avances tecnolóxicos era a outra condición na que nos apoiariamos.

© Copyright 1999, Equipo Desafío 8.000.
Reservados tódolos dereitos.
Sitio deseñado por Canal Dous Multimedia.
Contactar
Créditos
inicio proyecto top proyecto expedición tecnología agenda galería prensa patrocinadores productos about om om om izq der top