Os 14 cumios máis altos do
mundo nun mesmo ano
No centro da imaxe, os cumes dos Annapurna
vistos desde o campo III do Dhaulagiri.
 

     No inverno de 1994, planteámonos a idea de ascender ós 14 cumios máis altos do mundo no transcurso dun ano. Os cumes, de máis de 8000 metros, encerran unha beleza deportiva excepcional pola súa dificultade e son obxecto da máxima valoración polos alpinistas e, en xeral, por tódolos deportistas. Pero ninguén cumprira, nin siquera proposto, un reto de semellante categoría.
No campo base do Kangchenjunga a neve cubriu a antena parabólica que nos permitía enviar as imaxes vía satélite.
 

     O desafío planteaba tamén un innovador sistema de seguimento en directo da fazaña deportiva, aproveitando os novos sistemas de telecomunicación mundial, o que garantía un enorme impacto a un custo moi reducido.

     Ademais, para explicar a institucións, empresas anunciantes e cadenas de TV a posibilidade de colaborar cofinanciando o proxecto e facendo rendible no seu favor a corrente informativa producida, creamos un sitio Web.

     Uns meses despois do noso regreso, ofrecémosvos unha Web actualizada, na que vos contamos como se desenvolveu en líneas xerais o noso desafío.

© Copyright 1999, Equipo Desafío 8.000.
Reservados tódolos dereitos.
Sitio deseñado por Canal Dous Multimedia.
Contactar
Créditos
inicio proyecto top proyecto expedición tecnología agenda galería prensa patrocinadores productos about om om om izq der top